Scroll to top
© 2019 // 805 Estudio Deseño, Ribeira Sacra.
Compartir

Servizos

Vimos do mundo da arte onde prima a emoción e a subxetividade. Para nós o deseño é algo máis práctico, cada cliente ten unhas necesidades e nós adaptámonos para darlle solucións prácticas, funcionais e innovadoras.

Grazas á nosa formación temos un milleiro de ferramentas das cales botar man para axudarche a transmitir o que precisas contar.

Enfocamos cada proxecto cara a creatividade, expresándonos con total liberdade a cabalo da arte e o deseño. Por iso ademáis de xerar imaxes de marca (logomarcas) e branding integral, tamén lle damos vida a campañas de publicidade, páxinas web, maquetación editorial e artigos promocionais, como poden ser cuncas, camisetas, chaveiros, chapas,…

Para facer agasallos orixinais ou para promocionar un negocio ou empresa.

Imaxe de marca/ Branding

A identidade do teu proxeto

Os comezos son difíciles e dan medo, nós botámosche unha man a poñerlle cara a túa idea.
É moi importante ter unha imaxe que te diferencie e suxira o servizo que darás aos teus clientes.

Deseño editorial

Deseño e maquetación de publicacións

A miúdo non se lle dá a importacia que ten. Trasmitir moita información dun xeito dinámico, atractivo e en concordancia coa imaxe de marca é fundamental.

Ilustración

A maxia do feito a man

Se buscas algo único e persoal, ben sexa para un agasallo, invitación a un evento ou mesmo para o packaging dun produto.

Deseño de produto

A expansión da túa marca

Ás veces é preciso levar a túa marca a outro plano, e para elo precisas darlle unha nova forma que transmita os mesmos conceptos.
Non é unha tarefa doada pero a nós encántannos os retos.

Web

Páxinas corporativas e tendas online

Non te quedes fóra do mundo dixital, contamos cun equipo á última das novas tecnoloxías que será capaz de facerche un oco e posicionarte no ámbito de internet e RRSS.

Fotografía

Transmitir con unha imaxe

Non imos negar que o que máis nos gusta é a fotografía artística, transmitir emocións a través dunha imaxe. Pero tamén coñecémolos segredos para transmitir e comunicar a través da imaxe o que ti precisas contar.

Descubre o noso traballo