










Shiitake
Pequena empresa familiar que se adica a produción e venta de cogumelos ecolóxicos no Macizo Central ourensán. Cultivados sobre madeira de carballo, as Lentinulas edodes medran nun ambiente cálido e húmido no concello de A Pobra de Trives.
Levouse a cabo o deseño da logomarca e dalgunhas aplicacións como o cartel para a fachada, o vinilo para o coche, as etiquetas para os envases, adhesivos varios para a distribución do producto e camisetas. Están en proceso gorras promocionais e delantais de estilo xaponés.
- Cliente
Shiitake Trives
- Ubicación
A Pobra de Trives, Ourense