Scroll to top
© 2019 // 805 Estudio Deseño, Baiona.
Compartir

De quén vimos sendo?

Somos un pack indivisible, coma os dos iogures.

Xa pasaron máis de 3 lustros dende que nos coñecimos na Facultade de Belas Artes.

Por aquel entón soñábamos con rexentar a nosa casiña rural onde teríamos o noso taller de artista, cabras ananas e un burriño fariñeiro.

Pero a vida non é coma a planeas e entre as sorpresas e as voltas que che dá, as dúas acabamos máis ou menos no mesmo lugar.

O que nos levou a retomar ese soño de compartir un proxecto; e nesas moitas voltas que nos deu a vida fomonos atopando con xente moi especial que decidiu axudarnos e formar parte do SOÑO.

Asi que hoxe xa non somos só dúas, a familia medra e sentimos moita ledicia por contar con Pablo o noso raposo máis rockeiro.

Osa alias Belén

Osa alias Belén

Creativa e deseñadora

Esta licenciada en Belas Artes e técnica en gráfica publicitaria tamén ten traballado no eido do turismo e como reporteira gráfica en eventos de moi diversa índole.
Responsable, ordenada e ocurrente traballa incansable e concienzudamente para ofrecer o mellor en cada un dos proxectos que se lle presentan.

Mapache alias Beka

Mapache alias Beka

Becaria

É o sustento emocional desta casa, decidida, botada para adiante, con habilidades incribles para afrontar calquer tipo de reto, tanto é así que a día de hoxe, ademáis de Licenciada en Belas Artes e Deseñadora gráfica anda cursando sexto de “como ser nai e non morrer no intento”. Toda una loitadora!! Nada faríamos sin a súa fortaleza.
A súa experiencia levaa a traballar dun xeito práctico e resolutivo coa finalidade de acadar o resultado máis satisfactorio para o cliente.

Raposo alias Pablo

Raposo alias Pablo

Deseño, ilustración e programación

Creativo, deseñador gráfico, ilustrador e artista visual.
Con máis de 20 anos de experiencia, Pablo é unha mente activa e creativa que grazas a súa especialización en artes gráficas posee unha formación técnica que non abunda no eido da creatividade e o deseño gráfico.
A súa experiencia en empresas no ámbito do marketing e a publicidade permitenlle empregar novas ferramentas para ofrecer un deseño global, creativo e comprometido coas necesidades do cliente.