Scroll to top
© 2019 // 805 Estudio Deseño, Ribeira Sacra.
Compartir

Coleccións

Os nosos deseños sempre contan algo, non son simples cousas bonitas!

Unha das partes máis importantes deste proxecto é o deseño de produto. Queremos reiventar o souvenir para aportarlle frescura, orixinalidade e actualidade; poñer en valor diferentes lugares e recunchos da nosa zona. Cada emprazamento ten as súas peculiaridades e costumes, factores que convertemos en obxetos de deseño para o recordo.

Colección Outeiro dos Lameiros

Chaveiros, camisolas e bolsas de tela

Este colección pon en valor dita Estación arqueolóxica, unha das máis importantes de Galicia e de toda Europa debido a que nela están representados máis de 43 cuadrúpedos, algo inusual neste tipo de mostras da nosa arte ancestral. A súa simboloxía é moi diversa e misteriosa que ademáis de namorarnos dános moito xogo a hora de deseñar pezas.

Colección Quérote ...eu tamén

Cuncas

Este deseño nace dunha reivindicación moi necesaria como é a defensa dos nosos montes e por elo a posta en valor das nosas especies autóctonas.Non é moi común ver coroas de vexetais conformadas por carballo, breixo, xesta, morote, castiñeiro e toxo, tampouco é moi habitual dicir íQuéroteî a cotío. Neste deseño amosamos o noso lado mais agarimoso facendo unha peza perfecta para agasallar en pack ou por separado.

Colección Pepa Loba

Bolsas e camisolas

Este deseño, inspirado na figura da guerrilleira Pepa a Loba,
recolle os nomes de mulleres galegas que xogaron un importante papel na nosa historia e sociedade dende tempos de Exeria ata hoxe en día.

Colección Castro Caldelas

Cuncas, camisolas, bolsas e sudadoiros

En moitas vilas, aldeas e cidades existen tradicións e monumentos que se convirten na imaxe representativa dun sentimento, polo que aproveitando o Castelo e a xa mítica imaxe do Irrio de Castro Caldelas fixemos esta interpretación para que todos podamos levar con orgullo o noso pobo alá a onde vaiamos, sen esquecer nunca as nosas raíces. Nós botamos man do «Irrio Peliqueiro«, figura tradicional desta Vila que nos viu nacer. Ao mesmo tempo recreamos a silueta da impresionante fortaleza medieval que corona a vila e que se alza maxestuosa coma se nos vixiara, sendo testemuña do paso do tempo.

Orgullo de pobo representado en ámbolos dous elementos.

Colección Universo 805

Bolsas e camisolas

Nesta colección traballamos cun amplo abanico de ideas que non para de medrar.

Partimos de ilustracións do noso imaxinario para conformar obxetos de decoración, complementos, papelería e camisetas. Destinados a tódolos públicos.

Colección Recordos (souvenirs)

Bolsas e camisolas

Traballamos coa idea de «rediseñar» os souvenirs tradicionais, dándolles unha nova dimensión e sobre todo traéndoos a actualidade. Non é máis que plasmar o bonito entorno no que vivimos para que os visitantes leven un anaquiño
fermoso desta terra e recorden o seu paso pola zona dun xeito agarimoso.

Toxos & Xestas

Personalizaas co que ti queiras

Para facerlle as beiras a esa persona especial, non o dubides, regálalle unha camisola cunha mensaxe suxerente e terás moito gañado.
Que ser un toxo está ben pero podese ser agarimoso sin perdelo sentido, cunha dose de humor, bo gusto e facendo as cousiñas ben.
Ponte en contacto con nos si tes unha idea, nos facemola realidade para que podas sorprender a esa persoa que che fai «Chiribitas»
cunha camisola ben molona; e se non se che ocorre nada tranqui que temos corda dabondo para namorar a quen faga falla.

Contacta para personalizar a túa camisola